Qué características da Terra a fan un lugar único para a existencia da vida?


As características que convirten á Terra nun planeta habitable son as seguintes:
- A distancia da Terra ao Sol: a Terra non está nin moi cerca, ni moi lonxe do Sol, está á distancia idónea para permitir a vida no noso planeta. Esto xunto cos movementos de rotación e traslación así como a inclinación do eixe de rotación terrestre, fan que  o noso planeta reciba a cantidade de luz e calor suficientes para manter unhas temperaturas medias moi suaves (15ºC).
- A masa e a gravedade da Terra permiten a existencia da atmósfera. Atmósfera que
ten unha doble función, por un lado protexe ao planeta das radiacions ultravioletas e infrarroxas do Sol, e por outra, suaviza as temperaturas grazas á existencia do         efecto invernadoiro.
- A existencia da auga líquida. O auga e imprescindible para a vida dos seres vivos.
- A presencia de uns elementos químicos fundamentais, como o hidróxeno, o oxíxeno,
o carbono e o nitróxeno, que combinados de forma adecuada, dan lugar aos compostos básicos que constituen a materia viva.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Cal é a orixe da vida?

Que é a biotecnoloxía?