E. Jenner e R. Koch, a loita contra as infeccións.
Edward Jenner
Edward Jenner foi un médico e científico inglés que foi o promotor da vacina contra a viruela, a primeira vacina do mundo. Dicíase que era “o pai da inmunoloxía” e que salvou máis vidas que calquera outra persoa.
Naceu o 17 de maio de 1749. Aos trece anos comezou a súa vida profesional ao servizo dun ciruxano local, có que permaneceu ata os vinteún. Foi aí cando se marchou a Londres para continuar a súa formación como médico. No 1773 regresou a Berkeley, a súa cidade natal para abrir unha consulta local, na que adquiriu certo prestixio.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Robert Koch
Robert Koch foi un médico e microbiólogo alemán galardoado cun Premio Nobel de Medicina. No 1882 descubriu o bacilo da tuberculose, o 24 de marzo do mesmo ano presentou os seus hallazgos. No 1883 descubriu o bacilo do cólera en 1883 e o desarroio dos postulados de Koch. O Premio Nobel recibiuno en 1905. Tamén e considerado, xunto con Louis Pasteur, o pai da bacterioloxía, e o que sentou as bases da microbioloxía médica moderna.
O traballo de Koch consistiu en aillar o microorganismo causante desta enfermidade e facelo crecer nun cultivo puro, utilizando este cultivo para inducir a enfermidade en animais de laboratorio, no seu caso a cobaia, aillando o novo xermen dos animais enfermos para verificar a súa identidade comparándoo co xermen orixinal.
Comentarios
Publicar un comentario